O centro de día de San Sadurniño pertence a un lugar privilexiado pola súa particularidade de zona rural, a casuística que nos rodea está baseada nun paisaxe singular con recursos naturais, amplos e concienciados co medio ambiente. A calor humana da xente que nos vincula, ese arraigo pola liberdade e tranquilidade que implica o espazo aberto do que temos o pracer de gozar.
O agarimo co que todas as persoas usuarias e profesionais do centro reciben a novos compañeir@s, ese poder de antano, esas costumes e retranca por coñecer e indagar, por formar equipo e conseguir un lazo de unión que traspasa calquera parte e lugar no que nos atopemos.
Cada unha destas pinceladas define a realidade do que é o noso centro, sen esquecer os principios e valores que promoven a autonomía e a autodeterminación das persoas en pro dun óptimo benestar e calidade de vida. E co bo facer de todos os que conformamos esta gran familia, os nosos maiores de San Sadurniño dedican estas sentidas palabras: “ Non volveríamos atrás, disfrutar da vellez significa que vivimos unha vida plena”.
RELACIÓN TRABALLADORES CENTRO DE DÍA SAN SADURNIO
ALMUDENA LAMIGUEIRO PENA-TERAPEUTA OCUPACIONAL
PAULA LÓPEZ GUERRERO-EDUCADORA SOCIAL
ANA Mª SANTOS PARDAVILA-PSICÓLOGA
CARLA BECEIRO LOURIDO-TRABALLADORA SOCIAL
Mª BELÉN ROMERO BARRO-XEROCULTORA
YAIZA MUÑOZ RAÑA-XEROCULTORA
AMALIA I. PANTÍN LÓPEZ-XEROCULTORA
Mª SONIA FERNÁNDEZ PEÑA-XEROCULTORA